Sony lanza unha gravadora de Blu-ray externa

venres, 24 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Aínda que moitos dan ao Blu-ray coma un formato morto (como aconteceu co HD DVD), o feito de que estean a comercializarse películas neste soporte (incluso en 3D), que sexan prácticos para almacenar gravacións de vídeos domésticos en alta definición e que teñan unhas capacidades de almacenamento moi atractivas (ata 50 Gb nun disco de dobre capa) fai que Sony anuncie unha regravadora externa de Blu-ray, a DBX-S500U, que pode gravar discos DB-R dunha capa a 6X e de dobre capa a 4X, de xeito que tería listo un disco de 25 Gb en 20 minutos.
Esta nova unidade sairá á venda este mes a un prezo de entre 214 e 240 dólares nos EE.UU. e 159,99 libras esterlinas (187,56 euros ) no Reino Unido (o prezo europeo aínda non foi comunicado) e conéctase ao ordenador a través de USB 2.0, de xeito que é doado de utilizar entre varios equipos informáticos para realizar copias de seguridade ou compartir contidos multimedia.

PUBLICIDADE