BlueStacks X permite gozar de xogos para Android no navegador web
xoves, 30 de setembro do 2021
BlueStacks
é un dos emuladores de Android máis populares e veteranos para Windows, e agora
sorprende cunha deriva moi na miñas das tendencias actuais de mercado: facilitando
o acceso a xogos para Android a través da nube.
BlueStacks X nace como o
primeiro servizo de xogo na nube que ofrece streaming de balde de xogos para
móbiles a través de múltiples plataformas e dispositivos, ao permitir que
navegadores web modernos poidan amosar xogos que corren realmente en servidores
na nube de Amazon, ou sexa, que poden xogarse sen instalación nin descarga.
Este novo servizo de xogo en liña comeza cun catálogo moi reducido de xogos,
principalmente de rol e de estratexia, como Disney Sorcerer’s Arena, Castle
Clash: Guild Royale, Looney Tunes World of Mayhem e Infinity
Kingdom, o que semella que é só unha pequena mostra do que ofrecerá este
servizo, xa que actualmente BlueStacks permite gozar de centos de xogos para
Android.
Polo momento o servizo de xogo de BlueStacks é completamente de balde,
financiado mediante publicidade en formato de pre-roll, ou sexa, que non
interrompe a experiencia de xogo, aÃnda que non serÃa de sorprender que no
futuro poidan lanzar unha versión de subscrición.
Tendo en conta que Windows 11 vai integrar aplicacións para Android, dá a
impresión de que o lanzamento de BlueStacks X é a vÃa que atoparon para poder
manter o interese neste produto, que poderá presumir de facilitar o xogo a un
bo catálogo de xogos, dende numerosos dispositivos, facilitando o xogo cruzado
e sen instalacións nin esperas, o que pode resultar tan convinte como plataformas
na liña do xogo na nube de Xbox, pero orientado a xéneros máis propios do xogo
en mobilidade, o que parece todo un acerto.
VÃdeo promocional de BlueStacks X