Blusens presenta a súa última aposta tecnolóxica: o MP4 Blusens 1960

venres, 29 de maio do 2009 Raquel Noya

A compañía tecnolóxica galega, Blusens, que onte presentou oficialmente o seu propio selo discográfico, apurou as horas para presentar tamén o MP4 Blusens 1960, un dispositivo que contén arquivos exclusivos dos primeiros artistas do devandito selo, Blusens Music.
Este novo produto tecnolóxico da firma compostelá, que como apuntamos onte inclúe tres tracks de audio e dous vídeos de Cornelius 1960, conta cunha pantalla LCD a cor de 1,5” e permite a gravación de audio e vídeo, así como a reprodución deste tipo de arquivos e fotografías en formatos MP3, WMA, AMV…
Asemade, permítelle aos usuarios escoitar os contidos de música almacenados a través dunha frecuencia de Radio FM, grazas á función FM Transmitter, moi útil para o coche.
Conta con dobre saída de auriculares e é compatible con ficheiros de letras de cancións LRC, soporta etiquetas ID3 e entre as súas múltiples funcionalidades destacan a radio FM, así como o e-Book (formato TXT).
O Blusens 1960 estará dispoñible no mercado español a partir do 20 de xuño por un prezo de 39,90 euros (IVe incluído) para o que ten capacidade de 2 XB e por 49, 90 euros (IVE incluído) para o de 4 XB.

PUBLICIDADE