Borderlands destaca entre os Games with Gold de marzo
martes, 23 de febreiro do 2016
Microsoft anunciou hoxe a listaxe de xogos
que recibirán sen custo adicional os subscritores de pagamento de Xbox LIVE
durante o mes de marzo, que agora que a Xbox One recibiu a
retrocompatibilidade con Xbox 360 gañou en atractivo e, de feito, dá a
impresión de que están a coidar máis os xogos de Xbox 360 incluÃdos en Games with Gold que os xogos de Xbox
One.
Durante todo o mes de marzo os usuarios Gold de Xbox One poderán facerse con Sherlock
Holmes: Crimes and Punishments, aventura gráfica detectivesca lanzada
no outono de 2014 que está valorada actualmente en 29,99 euros; a partires do
16 de marzo chegará o xogo de rol de acción Lords
of the Fallen, valorado en 39,99 euros, e que permitirá vivir unha
aventura épica enfrontándonos a poderosos guerreiro e a perigosos demos,
podendo elixir se encargar a un guerreiro, un clérigo ou un rufián (con alto
nivel de personalización das súas habilidades e armas).
Para Xbox 360 temos que durante a primeira metade do mes ofrecerase Supreme
Commander, discreto xogo de estratexia en tempo real valorado en 29,99
euros; mentres que a grande xoia do mes serÃa Borderlands,
todo un clásico moderno dos shooters
que conseguiu cimentar unha franquÃa de éxito, e que grazas a Games with Gold poderán recuperar os que
queiran revivir a súa experiencia ou introducirse nesta saga tan inspiradora.
- O Borderlands de Xbox 360 estará incluÃdo nos Games with Gold de marzo