Brain Training continúa a liderar as vendas de videoxogos en Europa

mércores, 13 de agosto do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 36.2 KB

A análise das vendas de videoxogos en Europa durante o primeiro semestre de 2008 amosa que o xogo máis vendido non é nin o Metal Gear Solid 4, nin o Grand Theft Auto IV, nin o Wii Fit, senón que o título que arrasa nas consolas europeas non é outro que o Brain Training para a Nintendo DS, que pese a ter o seu tempo (2 anos) conserva o seu atractivo para un público moi amplo. Esta primeira entrega do xogo do doutor Kawashima está de número 1 en vendas en moitos países, mentres que no resto parece que tal posición se reserva a Más Brain Training, polo que a saga de adestramento mental parece consolidar as súas vendas pese á multitude de imitacións que hai no mercado.
No caso español temos que Brain Training lidera as vendas, seguido de Más Brain Training, de xeito que España sería o país europeo no que estes títulos teñen máis éxito.

PUBLICIDADE