Brazalete que vibra ó recibir chamadas no móbil

luns, 10 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Transportar o móbil no bolso ou no peto dun abrigo pode facer que non poidamos escoitar o seu timbre de chamada nin notemos a súa vibración, polo que LM Technologies comercializa un brazalete vibrador que se comunica co móbil por Bluetooth a unha distancia de ata 5 metros e que vibra ante as chamadas entrantes.
O LM959 ten unha autonomía de 100 horas en espera e un tempo de carga de 3 horas, vendéndose a través da Internet a 23,50 libras esterlinas (32,70 euros) e é compatible con móbiles con Bluetooth 1.1, 1.2 e 2.0.

PUBLICIDADE