Buffalo aumenta a capacidade dos seus discos duros de peto ata os 500 Gb
venres, 22 de febreiro do 2008
Os discos duros externos de 2,5 polgadas están a medrar en
capacidade e popularidade, por permitir levar unha cantidade importante de
información no peto, e a familia MiniStation
TurboUSB de Buffalo con unidades de 127 x 20 x 84 milímetros e só 190 gramos de peso
vén de incrementar a súa capacidade máxima ata os 500 Gb.
O pequeno disco se conecta ó ordenador por USB 1.1 ou 2.0, é compatible con
Windows e Mac OS X e se
vende a uns 195 euros.