Buffalo estrea gravadora compacta de discos BDXL

venres, 25 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Buffalo presenta a súa primeira gravadora compacta USB 2.0 de discos BDXL (Blu-ray de 3 capas con 128 Gb de capacidade) que chegarán este mesmo mes ás tendas niponas a un prezo de 22.100 iens (192.93 euros).
A unidade BRXL-PC6U2-BK pode funcionar cun único porto USB 2.0, pero de conectalo a 2 (para reforzar a súa alimentación) poderá gravar a unha velocidade de 4x. Mide 145 x 153 x 19 milímetros e pesa 340 gramos, polo que resulta moi transportable, resultando ideal para a realización de copias de seguridade en soportes ópticos ou para almacenar gravacións de vídeo doméstico en alta definición, aínda que polo momento os discos virxes de 128 Gb teñan un prezo excesivo (mentres que os de 25 Gb levan uns poucos meses a un prezo asumible).

PUBLICIDADE