Buffy a Cazavampiros terá un novo videoxogo

venres, 11 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A cazavampiros máis famosa da televisión, Buffy, pese a rematar o seu percorrido na pequena pantalla hai case 5 anos, aínda permanece moi viva, cunha colección de comics en curso (que se entende coma se fose a 8ª tempada da serie televisiva) e, proximamente, cun xogo para a consola Nintendo DS que está a desenvolver 505 Game.
Buffy The Vampire Slayer: Sacrifice sería o terceiro videoxogo baseado no personaxe, e chegará só para a portátil de Nintendo, presentando escenas de acción en terceira persoa nas que a protagonista deberá derrotar a distintos monstros que xorden da Boca do Inferno repartidos en 24 niveis (cun total de 12 inimigos finais) e contando con detalles coma os personaxes clásicos da serie (Spike, Angel, o Mestre, o Primeiro Mal, Caleb... e os amigos de Buffy) aínda que a historia está situada despois da 7ª tempada.
O xogo venderase en novembro en Europa.

PUBLICIDADE