Bully celebra os seus 10 anos estreando versión móbil
venres, 9 de decembro do 2016
O videoxogo de Rockstar Games coñecido nos EE.UU. como Bully e en Europa como Canis Canem Edit, causou moito rebumbio
en 2006 pola súa ambientación escolar na que non faltaban abusóns, pelexas e
trasnadas, e agora volve á carga cunha edición de aniversario para dispositivos
móbiles, de xeito que xa podemos mercar
por 6,99 euros Bully: Anniversary Edition
en Google Play e na
App Store, para asà poder encargar ao mozo Jimmy Hopkins nun colexio
privado no que gañarse unha reputación, soportar a presión dos profesores,
derrotar aos deportistas xogando ao balón prisioneiro, gastar bromas, ligar e,
en definitiva, sobrevivir o curso nun colexio decadente.
O xogo ten aires que lembran aos Grand
Theft Auto, pero mudando a súa ambientación radicalmente, e nesta versión
móbil pódese gozar dun control adaptado a pantallas táctiles (aÃnda que cómpre
destacar que o xogo é compatible con mandos fÃsicos), dun modo multi-xogador
por quendas e duns gráficos mellorados que fai que nas pantallas actuais non se
vexa pobre un xogo nacido na xeración da PlayStation 2.
Tráiler de Bully Anniversary Edition