CIBER.gal serviu para salientar a importancia da concienciación dixital na sociedade
venres, 3 de novembro do 2023
Esta mañá na
Cidade da Cultura desenvolveuse a segunda xornada do III Encontro Galego de
Ciberseguridade CIBER.gal, evento no que o conselleiro de Facenda e
Administración Pública, Miguel
Corgos, destacou a importancia da concienciación dixital na sociedade para
crear un territorio conectado e seguro.
Corgos destacou esta nova edición de CIBER.gal, que consolÃdase como un
referente tanto para profesionais do sector como para á sociedade, e manifestou
o compromiso da Xunta de Galicia a favor da protección de datos e da
divulgación sobre os perigos que entraña navegar na Rede.
Durante o encontro, o conselleiro mantivo un encontro cos finalistas da
terceira edición do concurso escolar Ciberseguridade no cole!, un certame
enmarcado no CIBER.gal que busca concienciar aos máis pequenos sobre os riscos aos que se enfrontan no
uso das tecnoloxÃas dixitais e ensinarlles boas prácticas en ciberseguridade
dun xeito ameno.
Nesta terceira edición resultaron gañadores os centros CPR Plurilingüe San
FermÃn de Pontevedra (na categorÃa de Primaria) e o IES de Foz (na categorÃa de
Secundaria). Este ano Ciberseguridade no cole! acadou un récord de
participación con máis de 6.600 escolares de 120 educativos rexistrados.
Pola súa banda, o director da AMTEGA, Julián Cerviño, foi o encargado de
clausurar o encontro, no que destacou que a Xunta destinará en 2024 un total de
18 millóns de euros á ciberseguridade, en torno a un 30% máis que en 2023. O
responsable da Axencia autonómica subliñou o esforzo da Comunidade para
situarse á vangarda nesta tecnoloxÃa como unha das liñas de actuación da
Estratexia Galicia Dixital 2030.