CO2 Smart Tech achega aos seus usuarios a versión app da súa tecnoloxía 4.0

venres, 20 de marzo do 2020 Fernando Sarasketa

A empresa galega CO2 Smart Tech, con sede en Oleiros e centrada en sistemas avanzados de control e xestión enerxética en liña, está a poñer a disposicións dos usuarios da súa tecnoloxía CO2ST-TEM a versión para móbiles e tabletas da mesma, co fin de axudar ás empresas e entidades que precisen minimizar a actividade presencial nas súas instalacións e asegurar a continuidade e o seguimento das mesmas con plenas garantías de operatividade e de seguridade.
A iniciativa da firma CO2 Smart Tech insírese no amplo abano de contribucións das nosas empresas con potencialidade para contribuír a paliar os efectos negativos do estado de alarma e das restricións para frear a pandemia. “Na nosa empresa”, indican, “somos conscientes da necesidade de reducir a mobilidade e conter o impacto do coronavirus”.
En virtude deste obxectivo, puxeron a disposición dos usuarios o sistema de monitoraxe industrial CO2ST-TEM, unha aplicación móbil para smartphones e tabletas con sistema operativo Android que mantén o deseño e a estrutura de navegabilidade do sistema de seguimento industrial e xestión (técnico-enerxética) do mesmo nome, contando coas súa principais funcionalidades.
Segundo conclúen, “queremos apoiar calquera medida responsábel socialmente cos grupos de risco que faciliten o reducir a mobilidade e colaborar a conter o impacto do coronavirus, motivo polo cal puxemos a disposición dos usuarios do sistema CO2ST-TEM.

PUBLICIDADE