Call of Duty 4 estreará versión para Mac a semana que vén
luns, 8 de setembro do 2008
Os ordenadores de
Apple normalmente teñen que cargar co sambenito de que non serven para xogar ou
contan con poucos videoxogos adaptados para a súa plataforma, o que non quere
dicir que os tÃtulos que saian para a mesma sexan malos, e coma exemplo temos
que o vindeiro dÃa 15 sairá unha
versión para Mac OS X do impresionante xogo Call of Duty 4: Modern Warfare, que xa tivo moito éxito nas súas
versións para PS3, Xbox 360, PS2, Nintendo DS e PC.
Esta entrega da saga de Call of Duty
foi moi ben recibida porque fuxiu da tópica ambientación na Segunda Guerra
Mundial, para situar a acción na actualidade. Tamén destacou por un modo de xogo
en rede moi elaborado (e que é do que máis proveito tirarán os afeccionados a
este tipo de xogos).
Para poder xogar a este novo xogo no Mac será preciso contar cun equipo
relativamente potente, pois funciona baixo Mac OS X 10.5.4 (Leopard) e precisa
coma mÃnimo dun procesador Intel Core 2 Duo a 2 GHz, 1 Gb de RAM, 10 Gb de
disco duro e unha tarxeta gráfica ATI X1600 ou nVIDIA GeForce 7300 con 128 Mb
de RAM.