Call of Duty: Black Ops 2 vende 8 millóns de copias na súa estrea

xoves, 15 de novembro do 2012 Marcus Fernández

A prensa británica parece confirmar as previsións, e o diario Metro asegura que o xogo Call of Duty: Black Ops 2 logrou superar os 8 millóns de copias en 24 horas para as súas versións de Xbox 360 e PlayStation 3, superando por moito aos seus competidores directos e mellorando considerablemente os resultados do anterior Black Ops (que vendera 5,6 millóns de unidades no mesmo tempo) e do anterior Call of Duty (Modern Warfare 3 colocara 6,5 millóns de copias o primeiro día). Tamén superou ao lanzamento de Halo 4, que vendeu 3 millóns de copias o día da súa estrea para Xbox 360, pero non podemos establecer unha comparación directa con este título por ser exclusivo para a consola de Microsoft.
Con estes resultados parece bastante seguro que o novo Call of Duty vai ser a estrela da campaña de Nadal, demostrando unha vez máis a solidez dunha franquía que, pese a ter pouca cancha para innovar, consegue manter unha base de usuarios fiel que medra ano tras ano.


Un sorprendente trailer de Call of Duty: Black Ops 2

PUBLICIDADE