Call of Duty: Black Ops 3 probará o seu multi-xogador a partires do 19 de agosto

mércores, 22 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O xogo Call of Duty: Black Ops 3 chegará ás tendas o vindeiro 6 de novembro, pero os usuarios que o reserven poderán participar na fase de probas do seu multixogador de xeito anticipado, e finalmente Activision detalla que a beta desenvolverase o mes que vén.
Concretando, os usuarios de PlayStation 4 poderán gozar da beta do multixogador de Call of Duty: Black Ops 3 dende o 19 até o 23 de agosto, mentres que os usuarios de PC e Xbox One poderán participar na beta entre o 26 e o 30 de agosto.
Durante a beta os usuarios terán a oportunidade de probar novidades do xogo como o sistema de movementos encadeados, explorar os novos mapas multi-ogador, atopar o especialista que máis se adapte ao seu estilo de xogo e moito máis.
Nas vindeiras semanas Treyarch achegará máis detalles sobre o lanzamento da beta e as posibilidades que achegará en cada versión, estando dispoñible esta versión de proba para quen reservase o xogo en Steam, na PlayStation Store ou no Bazar de Xbox LIVE.

PUBLICIDADE