Call of Duty: Black Ops II sairá o 13 de novembro
mércores, 2 de maio do 2012
Activision por fin presentou o primeiro trailer da nova
entrega da saga bélica Call of Duty,
que como era de prever trátase de Black
Ops II e está a ser desenvolvida por Treyarch, fixándose a súa chegada para
Xbox 360, PlayStation 3 e PC o vindeiro 13 de novembro, a tempo para arrasar no
Nadal como vén a ser costume.
Esta nova aventura de acción terá lugar en 2 liñas temporais: unha centrada na
Guerra FrÃa (entre EE.UU. e China), continuando a súa anterior entrega, e outra
ambientada en 2025, onde armas e tecnoloxÃa deron lugar a un novo xeito de
guerra.
- No modo Strike Force poderemos decidir superar misións con tanques armados
Call of Duty: Black Ops II
contará cun novo modo Strike Force que ofrecerá multitude de misións que
poderán enfrontarse de 4 modos distintos (como soldado, con drones aéreos, con
tanques armados ou con escuadróns aéreos) o que mellorará a súa rexogabilidade.
Tampouco faltarán un grande modo multi-xogador e un modo zombis que promete ser o máis grande visto ata o momento.
Para facernos unha idea da inmensidade desta nova entrega do produto estrea de
Activision anunciaron que, aparte de traballar no mesmo 250 profesionais de
Treyarch, contaron con outros 50 máis para depurar o tÃtulo ao máximo.
Novo trailer en español de Call of Duty: Black Ops II
- Unha das tramas do xogo terá lugar en 2025
- Poderemos optar por solucionar misións controlando drons