Call of Duty: Black Ops</Em> estrea o seu 3º paquete de contidos descargables

mércores, 29 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O mapa Hazard está ambientado en Cuba

Os usuarios de Xbox 360 pode xa adquirir o novo contido descargable para o xogo Call of Duty: Black Ops, que leva por título Annihilation, e que inclúe 4 mapas multi-xogador e unha experiencia zombi. Estamos ante o terceiro paquete de contidos para o xogo de Treyarch (tras First Strike e Escalation, que xa converteron ao xogo no que rexistrou máis descargas na historia de Xbox LIVE) e o seu prezo é de 1.200 puntos (14,40 euros).
O paquete de contidos adicionais Annihilation inclúe os mapas coñecidos como Hangar 18 (unha base militar dentro da Área 51), Drive-In (un cine ao aire libre), Silo (un emprazamento segredo que oculta mísiles soviéticos), Hazard (nos acantilados de Cuba) e Shangri-La (un labirinto de cavernas subterráneas cheas de mortos viventes aos que aniquilar).

En Changri-La haberá que enfrontarse a unha vaga de zombis
Un dos novos mapas terá lugar nun silo de mísiles soviéticos

PUBLICIDADE