Call of Duty: Infinite Warfare poderá xogarse de balde entre os dÃas 15 e 20
luns, 12 de decembro do 2016
A entrega anual de Call
of Duty non está a funcionar comercialmente todo o ben que debera,
principalmente porque Infinite Warfare
mudou dunha ambientación no século XX a un escenario futurista, levando incluso
a acción ao espazo, o que fixo que moitos usuarios optasen este ano por Battlefield 1 (ambientado na I Guerra
Mundial), pero o cambio escenario non estragou completamente un xogo que
continúa a ser moi sólido, e dende Activision confÃan en que o público pode
gozar do xogo se lle dá unha oportunidade, de aà que permitirá
que os xogadores de PlayStation 4 poidan descargar e xogar de balde a Call of
Duty: Infinite Warfare entre os dÃas 15 e 20 de decembro.
Os xogadores que vaian á PlayStation Store e instalen o xogo nesta fase de
proba especial poderán acceder aos seus tres modos de xogo, ou sexa, que tanto
poderán somerxerse na historia da campaña con Rising Threat e Black Sky,
como introducirse no multixogador con amigos e rivais (Level Cap de 15) e
tratar de sobrevivir nun parque de atraccións dos anos 80 infestado de zombis
(Level Cap de 3).
Como é habitual neste tipo de experiencias de proba, unha vez rematados os dÃas
de xogo de balde, se o usuario opta por mercar o xogo poderá conservar os seus
progresos.