Call of Duty: Modern Warfare 3 fixa o seu lanzamento no 8 de novembro

martes, 24 de maio do 2011 Marcus Fernández

O novo título distribuído por Activision continuará a apostar pola súa estética cinematográfica

Finalmente teremos o xogo Call of Duty: Modern Warfare 3 nas tendas o vindeiro 8 de novembro, e este título desenvolvido por Infinity Ward e Sledgehammer Games tamén vén de estrear un explosivo trailer con imaxes do xogo que está a causar furor entre os seareiros da saga, superando os 2 millóns de reproducións en YouTube nun día. No vídeo pode verse que a acción do novo Call of Duty transcorre en EE.UU., Inglaterra, Alemaña e Francia, en enfrontamentos cada vez máis ambiciosos, e incorporando como importante novidade a posibilidade de que o contorno se destrúa (seguindo a liña trazada por Battlefield 3).
Os emprazamentos de Modern Warfare 3 van dende os túneles do metro londiniense ata as proximidades da torre Eiffel, todo aderezado co toque cinematográfico que tan bo resultado dá nesta franquía que podería chegar á súa máxima expresión con este título, antes de padecer o inevitable fastío dunha saga que repite a súa fórmula sen innovar como están a facer os seus competidores (como o mencionado Battlefield 3), aínda que a inercia de anteriores entregas garante a boa recepción do que promete ser un dos xogos máis vendidos en 2011.


Novo trailer de Call of Duty: Modern Warfare 3

Modern Warfare 3</Em> levará a súa acción a cidades como Londres ou París

PUBLICIDADE