Cámara de peto económica e resistente á auga

venres, 5 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Aínda que o verán parece estar a facerse de rogar na nosa terra, os afortunados que poidan gozar duns días de praia en moitos casos gustarían de rexistrar os seus mellores momentos en forma de imaxe ou vídeo, o que cada vez é máis doado grazas a produtos como a cámara de peto Vivitar DVR 690HD, que resulta moi axeitada para as nosas actividades deportivas e lúdicas en praias e piscinas xa que é resistente á auga e ten un prezo moi axustado (uns 60 dólares), polo que tampouco debería de ser un problema que o utilicen os cativos da familia.
Esta cámara de vídeo compacta (que pode somerxerse ata a 3 metros de profundidade) ten unha pantalla TFT de 2 polgadas, un zoom dixital de 4x, almacena as imaxes e vídeos en memorias SD de ata 32 Gb, integra altofalante, micrófono e saída de vídeo analóxica, e pode conectarse ao PC a través de USB 2.0. Funciona con batería Ion Litio e grava vídeo en AVI (M-JPEG) a resolucións que van dende os 320 x 240 píxeles a 30 fotogramas por segundo ata os 1.280 x 720 píxeles a 25 fotogramas por segundo.

PUBLICIDADE