Candy Crush Soda Saga chega a Windows 10
xoves, 1 de outubro do 2015
AÃnda que a
incorporación de Candy Crush Saga a
Windows 10 foi toda unha sorpresa, sorprende agora menos que King continúe
a apostar polo novo sistema operativo de Microsoft para achegar as súas
creacións, e estrea hoxe a secuela do seu popular xogo para equipos con Windows
10, que xa poden agora descargar
de balde dende a Tenda de aplicación Candy
Crush Soda Saga.
Este xogo funciona polo momento só en Windows 10 de escritorio, esperando
chegar tamén a móbiles nunha futura actualización. Candy Crush Soda Saga agocha poucas sorpresas, de xeito que mantén
a mecánica de Candy Crush, pero
completa os clásicos caramelos con botellas de refresco que engaden lÃquido á
zona de xogo para inverter a gravidade. As botellas poden combinarse con
caramelos para desencadear a peixes de gominola
que desencadearán xogadas especiais na liña do que fan outras combinación de caramelos
liberando osiños de gominola.
Temos asà un xogo conservador, que gustará a todos os seareiros da anterior
entrega, e que como grande atractivo ten agora que pode executarse en
ordenadores e tabletas con Windows 10. Tamén é posible conectar o xogo a
Facebook para compartir as puntuacións cos amigos.