Canon presenta a súa nova cámara sen espello
martes, 13 de outubro do 2015
As cámaras micro catro terzos chegaron para quedar, xa
combinan con grande acerto a calidade das cámaras réflex con parte da
versatilidade e comodidade das cámaras compactas (aÃnda que sexa só por reducir
o peso e o tamaño das cámaras), e un dos fabricantes de cámaras sen espello de
referencia, Canon, está a renovar a súa liña, para o que presenta a nova Canon EOS
M10, que supón unha interesante evolución da súa gama, converténdose na
mellor cámara de Canon nesta liña e nunha máquina ideal para introducirse na
fotografÃa dixital podendo gozar de obxectivos intercambiables e boa
conectividade.
A Canon EOS M10 conta cun sensor CMOS APS-C de 18 MpÃxeles, apoiado por un
procesador de imaxe DIGIC 6, conseguindo asà unha calidade de imaxe comparable
á de moitas cámaras réflex de consumo; é capaz de gravar vÃdeo a 1.080p até a
30 imaxes por segundo ou a 720p a 60 imaxes por segundo; pode disparar 4,6
fotografÃas por segundo; integra un sistema de enfoque automático de 49 puntos;
e incluso conta con NFC e Wi-Fi para facilitar o control da cámara e compartir
os seus contidos a través dunha aplicación móbil.
Sairá
á venda en novembro cun obxectivo de 15-45 milÃmetros por 599 dólares.
- A Canon EOS M10 pode equiparse con obxectivos intercambiables pese a ter un tamaño máis propio dunha cámara compacta