Carmageddon estrea versión para Android
venres, 10 de maio do 2013
Hai 15
anos o xogo para PC Carmageddon provocou
numerosas polémicas por todo o mundo ao ser un tÃtulo de carreiras de automóbil
que, aparte de permitir superar as distintas fases gañando a competición
superando aos rivais en velocidade, tamén permitÃa a opción de destruÃr aos
demais coches ou matar aos peóns, premiándose o volume e a creatividade das
mortes, e en
outubro volveu a pórse de actualidade ao estrear versión para iOS grazas a
un proxecto
de micro-mecenado que xuntou 625.143 dólares que tamén facilitou que esta
semana o xogo vese a luz para móbiles e tablets con Android, chegando nunha versión
promocional de balde (dispoñible por tempo limitado) pasando logo a estar
dispoñible á
venda por 1,79 euros.
O xogo de carreiras violentas conta con múltiples métodos de control (dixital,
analóxico ou mediante a inclinación do dispositivo) personalizables, 28
opoñentes, 11 escenarios, 36 niveis no modo carreira, 30 coches desbloqueables,
sistema de repetición e, en definitiva, unha réplica moi completa do xogo
orixinal que no seu dÃa chegara ao ordenador.
Trailer de Carmageddon para Android