Castlevania: Grimoire of Souls ofrecerase a través de Apple Arcade

martes, 17 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Hai uns anos a franquía de Castlevania sorprendeu cunha entrega para iOS e Android titulada Castlevania: Grimoire of Souls, ambientado nun futuro no que Drácula foi destruído e ante a posibilidade da súa resurrección os protagonistas teñen que loitar contra tal ameaza. Este xogo de acción de desprazamento lateral permite xogar como Alucard, así como desbloquear personaxes de lenda como Simon Belmont, Charlotte, Shanoa e Maria (aos que confían que se incorporen máis heroes da serie).
O curioso deste xogo é que limitou o seu lanzamento a Canadá e, sen chegar a completar o seu lanzamento internacional, pecharon os seus servidores sen explicacións públicas e, tras anos sen información sobre este produto finalmente figura na súa páxina web como xogo dentro de Apple Arcade, ou sexa, que en breve os subscritores deste servizo da compañía da mazá poderán gozar deste título en iPhone, iPad, Mac e Apple TV.
Dende Konami no explican como un xogo que tiñan previsto lanzar de xeito ordinario a nivel global rematou converténdose nun exclusivo de Apple Arcade, o que podemos entender que é un acordo temporal, polo que non debería sorprender que no futuro o xogo chegue a outras plataformas.

JPEG - 51.9 KB
O xogo permite manexar a coñecidos personaxes de Castlevania na súa loita contra o mal

PUBLICIDADE