Castlevania: Symphony of the Night chega a móbiles

mércores, 4 de marzo do 2020 Marcus Fernández

O clásico de Playstation Castlevania: Symphony of the Night, chegou por sorpresa a dispositivos móbiles, de xeito que por 3,49 euros podemos facernos cunha copia para iOS ou para Android, de xeito que poderemos gozar no teléfono ou na tableta da grande aventura de Alcard a través do xigantesco castelo de Drácula.
Este xogo que no seu día chamou a atención polos seus gráficos e a súa música chega fiel á súa entrega orixinal, pero cunha interface de usuario renovada. Conta con controis táctiles en pantalla, aínda que é compatible con mandos, método de control máis que recomendable para un título deste corte. Tamén inclúe función de gardada e está dispoñible en 6 idiomas (inglés, xaponés, alemán, francés, italiano e español).
Esta entrega de Castlevania está considerada como unha das mellores en 2D, e xa se adaptou no seu día a PSP e PS4, sendo estas versións nas que parece terse baseado esta conversión que chega nun momento moi oportuno, xa que esta mesma semana Netflix estrea a terceira tempada da serie de animación de Castlevania.

PUBLICIDADE