Chega a España o Surface Duo 2
luns, 15 de novembro do 2021
En
setembro Microsoft presentou
novos produtos da familia Surface, entre os que figuraba un smartphone con
dúas pantallas que busca servir de alternativa aos produtos con pantallas encartables,
e que chega hoxe mesmo ao mercado español a un prezo de 1.649 euros cunha
capacidade de almacenamento de 128 GB (con 256 GB custarÃa 1.749 euros e con
512 GB venderÃase a 1.949 euros), estando este produto dirixido
unicamente a empresas.
O Surface
Duo 2 é un smartphone bastante curioso, polo seu deseño baseado en dúas
pantallas e a posibilidade de utilizar un lapis dixitalizador sobre as mesmas,
de xeito que é un dispositivo claramente orientado á produtividade, para o que
enténdese que vai moi ligado ao uso do servizo Microsoft 365 e de Microsoft
Teams, pese a que o sistema operativo co que funciona sexa Android.
O trebello está formado por dúas pantallas AMOLED PixelSense de 5,8 polgadas cunha
resolución de 1.344 x 1.892 pÃxeles, refresco de 90 Hz e un brillo máximo de
800 nits que xuntas poden comportarse como unha grande pantalla de 8,3 polgadas.
Funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 888 5G, integra unha cámara dinámica
de tripla lente, son estéreo, NFC para pagamentos contactless, lector de
impresións dixitais, dúas baterÃas de 4.449 mAh e, aparte do espazo para unha
nano SIM tamén ten soporte de eSIM.
- A cámara frontal de 12 MpÃxeles do Surface Duo 2 permite realizar videoconferencias a 1.080p
VÃdeo promocional do Surface Duo 2