Chega a Netflix a última produción de Vaca Films: Clanes
venres, 21 de xuño do 2024
- Clara Lago e Tamar Novas protagonizan a nova serie de Netflix
O audiovisual galego volve estar hoxe no punto de mira internacional coa estrea en Netflix da nova produción de Vaca Films, Clanes, coñecida internacionalmente como Gangs of Galicia, e que está protagonizada por Clara Lago (Ocho apellidos vacos) e Tamar Novas (¡Salta!), coa participación de moitas caras coñecidas do audiovisual galego como Xosé Antonio Touriñán (Cuñados), Chechu Salgado (Las leyes de la frontera), Melania Cruz (MalencolÃa), Diego Anido (As Bestas) e Miguel de Lira (Mareas Vivas).
A serie ambiéntase en Cambados, vila á que chega unha nova avogada que comeza a relacionarse co fillo dun importante narcotraficante actualmente en prisión. Ao longo de 7 episodios desenvólvese unha historia de vinganza e amor prohibido, na que o narcotráfico é o pano de fondo.
AÃnda que esta ficción está inspirada na Operación Nécora, non busca recrear historicamente a operación contra a droga, senón que simplemente é o contorno no que se desenvolve a acción.
Clanes ten agora o difÃcil reto de conseguir unha aceptación do público comparable ao doutras producións semellantes ambientadas en Galicia, como El Caso Asunta, que conseguiu ser a segunda serie máis vista en Netflix a nivel global.
- Clanes presentouse en sociedade onte no PALEXCO