Chegan a España os auriculares JBL 300TWS

venres, 22 de maio do 2020 Marcus Fernández

Atendendo á crecente demanda de auriculares sen fíos chegan ás tendas os novos JBL 300TWS, que buscan achegar unha boa experiencia de reprodución musical a un público novo que busca unha boa autonomía, xa que estes auriculares grazas ao seu estoxo de carga poden chegar até as 20 horas de reprodución.
Estes novos auriculares de deseño coidado e confortable, tamén poden empregarse para realizar chamadas e cun simple xesto táctil poden invocar ao Asistente de Google ou a Alexa para facilitar a realización de accións mediante ordes faladas.
Os auriculares JBL 300TWS incorporan a función Ambient Aware que permite pasar da inmersión absoluta nunha canción a enfocar no que acontece ao redor e o modo TalkThru, que permite baixar o volume da música para escoitar o que di a xente ao redor sen ter que quitar os auriculares.
Están xa dispoñibles a un prezo de 149 euros, polo que serían os auriculares urbanos desta marca de máis alta gama, mentres que modelos menos esixentes non chegarían aos 100 euros. JBL tamén conta con varios modelos orientados á práctica deportiva, que como principal diferenza terían a resistencia á auga e á suor.

A función Ambient Aware deixa escoitar o que acontece no contorno cun simple toque.

PUBLICIDADE