Cherrilux Investments faixe coas tendas GAME en España e Portugal
venres, 13 de abril do 2012
O futuro da cadea de tendas de videoxogos GAME en España
parece garantido, e poucos dÃas despois da venda das tendas británicas a
OpCapita, confirman
dende RetailWeek que os negocios ibéricos do Game Group seguiran os mesmos pasos.
Deste xeito, as 290 tendas en España e Portugal pasarán a mans de Cherrilux
Investments (filial de OpCapita), mantendo os establecementos e conservando
tamén o milleiro de postos de traballo que xeran, xa que polo momento non é
preciso que realicen os axustes que tiveron lugar no Reino Unido, xa que GAME
no noso territorio é
unha compañÃa rendible que factura 300 millóns de euros ao ano.