Cisco presenta novos routers Smart Wi-Fi
luns, 16 de abril do 2012
Unha nova gama de produtos de Cisco estrea
o concepto de Smart Wi-Fi, pois a
nova serie de routers Linksys EA achega capacidades avanzadas brazas ao uso de
aplicacións que ofrecerán funcionalidades adicionais para a rede doméstica,
semellantes ás que incorporan os servizos de almacenamento en rede avanzados
(pensando en futuras aplicacións domóticas e outras funcionalidades que irán
xurdindo en colaboración con outros fabricantes).
Os novos routers Linksys EA4500, EA3500 e EA2700, que xa
están á venda nos EE.UU. por prezos que van dos 99 aos 199 dólares e
ofrecen conectividade sen fíos de calidade, acceso a Cisco Connect Cloud (para
administrar múltiples redes domésticas dun xeito cómodo e sinxelo, permitindo
dar acceso á Internet a convidados, axustar controis de seguridade infantil ou
engaidr dispositivos á rede Wi-Fi dende calquera lugar).
O Linksys EA4500 é o buque insignia desta nova serie de routers, permitindo
operar en Wi-Fi N de dobre banda (2,4 e 5 GHz) ata 900 Mbps, conta con 4 portos
Gigabit Ethernet, un porto USB para conectar un almacenamento externo ou unha
impresora para a súa xestión en rede, un servidor multimedia DLNA, controis
parentais e soporte de IPv6; mentres que o Linksys EA3500 reduce a súa
velocidade máxima a 750 Mbps. O router máis cativo desta familia sería o
Linksys EA2700, que achegaría unha velocidade máxima de 600 Mbps e prescindiría
de porto USB, polo que estaría orientado para quen simplemente quixese un
router robusto (sen quere gozar de servizos de arquivos avanzados ou dun xestor
de impresión en rede).
- A nova familia de routers está composta por 3 dispositivos de prezos entre 99 e 199 dólares