Colgante para a reprodución multimedia
martes, 2 de febreiro do 2010
Tokyoflash, en colaboración cos seus
seareiros, deseñou o Kisai
Escape C, un colgante que integra un receptor de audio por Bluetooh
e que inclúe teclas de control multimedia, de xeito que serviría para escoitar
música dende un reprodutor multimedia, un ordenador ou un móbil, con só 15
gramos de peso, e que podemos utilizar comodamente pendurado do pescozo ou
dentro do peto da camisa.
O Kisai Escape C tamén pode conectarse a un teléfono móbil para facer de
sistema de mans libres, a un PC ou Mac para facer uso de aplicacións VoIP ou a
un reprodutor multimedia con Bluetooth para poder utilizalo ata a 10 metros de
distancia e durante ata 6 horas que dura a súa batería integrada e recargable de
200 mAh a través de USB (e que soporta ata 180 horas en espera).
O dispositivo conta con auricular estándar e sairá á venda este mesmo trimestre
por un prezo que estaría entre os 150 e os 180 dólares (107,39 e 128,89 euros
respectivamente).