Comezan as cancelacións para o CES de Las Vegas
mércores, 22 de decembro do 2021
Entre o 5 e o 8 de xaneiro está prevista unha nova edición do CES de Las Vegas, unha das
meirandes feiras de electrónica de consumo a nivel mundial, que estaba previsto
que se celebrase principalmente de xeito presencial, aÃnda que con algunhas
actividades virtuais, e aÃnda que o evento ten uns protocolos sanitarios
moi completos, as tornas poderÃan virar e pode que o evento sexa máis
dixital que fÃsico ante o rápido espallamento da variante ómicron da COVID-19.
Dende Bloomberg xa apuntan que Amazon,
Meta, Pinterest, Twitter e moitas outras compañÃas están a cancelar a súa
participación presencial no CES en resposta á repunta global de casos da COVID-19;
mentres que outras compañÃas como T-Mobile aseguran que van reducir a súa presenza
na feira, mentres que nVIDIA realizará a súa presentación de xeito virtual;
Samsung asegura que contará cunha pequena representación no evento apostando
máis polas experiencias en liña; e outras empresas están aÃnda a valorar a
situación, preparando xa plans para trasladar as súas presentacións á Rede,
anticipándose a unha nova edición do CES descafeinada.
Preocupación polo Mobile World Congress
O que está a acontecer co CES de Las Vegas pode ser motivo de preocupación para o Mobile World Congress de Barcelona, previsto entre o 28 de febreiro e o 3 de marzo de 2022, que en 2020 foi o primeiro grande evento tecnolóxico en cancelarse e en 2021 celebrouse fóra de data (axuste no calendario que provocou a súa irrelevancia), e unha nova edición de baixo impacto poderÃa ter serias repercusións sobre a organización do evento, que ten que cumprir certos compromisos contraÃdo tras a cancelación da edición de 2020.