Command & Conquer: Red Alert 3 - Uprising e Populous fornecen o The Humble Origin Bundle
xoves, 22 de agosto do 2013
- Command & Conquer: Red Alert 3: Uprising é un completo xogo de estratexia que podemos descargar tanto de Origin como de Steam
O último Humble
Bundle está a causar furor, non só porque Electronic Arts decidise ofertar
a un prezo ridÃculo (os interesados poden pagar dende 1 dólar por varios xogos
e menos de 5 dólares polo conxunto completo) un lote de tÃtulos valorados nuns
215 dólares sen cobrar un can e destinando os máis de 8 millóns de dólares
recadados ata o momento a fins solidarios, senón que agora fai aÃnda máis
atractiva a compra incorporando
un par de xogos adicionais á colección, que poden descargar tanto os que
comprasen o lote previamente como quen o merque nos vindeiros 6 dÃas.
- Populous, editado en 1989, foi o primeiro simulador de deus
Entre os novos xogos incluÃdos no The Humble Origin Bundle temos, dispoñible tanto a través de Steam como de Origin, o recoñecido xogo de estratexia Command & Conquer: Red Alert 3 - Uprising, que agradecerán moitos usuarios, aÃnda que resulta bastante máis rechamante o outro tÃtulo engadido, Populous, un clásico de 1989 considerado como o primeiro simulador de deus, e que podemos descargar a través de Origin para rememorar unha auténtica xoia dos videoxogos para PC (que saltarÃa despois a múltiples plataformas e que axudarÃa salientar a figura de Peter Molyneux como un dos desenvolvedores máis influentes do sector).
- O Humble Origin Bundle convértese nun dos lotes máis forte dispoñible a través desta fórmula solidaria