Concentrador USB alimentado por 2 portos
xoves, 24 de abril do 2008
Na coñecida tenda
asiática Brando venden un interesante concentrador USB que destaca por non
ocupar unha toma USB, senón porque pode funcionar ocupando 2
portos USB para achegar máis potencia de corrente,
o que lle servirÃa para alimentar a 3 portos USB normais e 1 porto mini-USB,
resultando de grande utilidade para sincronizar ou cargar distintos
dispositivos electrónicos coma móbiles, cámaras dixitais ou axendas
electrónicas.
Este concentrador USB 2.0 funciona baixo Windows 2000/XP/Vista, Mac OS X e
Linux, pesa 60 gramos, e se
vende por 12 dólares (7,66 euros).