Conética pon no mercado accesorios informáticos para nenos

xoves, 25 de outubro do 2007 Raquel Noya

Se estás farto da monotonía e austeridade do teu equipo informático (branco tirando a gris de toda a vida cun rato máis ben negro por mor da roña que leva acumulada ó longo destes anos) só se me ocorren dúas opcións: tunear o ordenador e facelo máis vistoso ou adquirir un dispositivo semellante ó da imaxe (non válido para individuos discretos). Para iso, Conética, a empresa especializada na venda e distribución de accesorios informáticos para consumidores e empresas vén de anunciar a súa nova liña de accesorios Fantasy de Cirkuit Planet, entre os que destacan os ratos e cámaras web con motivos da firma Disney.
Mickey Mouse, Winnie the Pooh, Cars ou Princesas, entre outros, son os novos protagonistas da última liña de accesorios Cirkuit Planet cos que Conética pretende conquistar o mercado europeo, a través dos personaxes máis queridos polos máis cativos e non tan cativos da casa.
Estes peculiares consumidores (ídolos dos personaxes Disney) terán á súa disposición no mercado unha grande variedade de dispositivos informáticos, entre os que destacan: Rato e Mini Rato óptico Mickey, Rato óptico Cars Disney-Pixar, Rato óptico Princesa Disney e Rato óptico da última produción do xigante americano, High School Musical.

PUBLICIDADE