Confírmase a tecnoloxía de pantallas flexibles de Samsung

luns, 9 de abril do 2012 Marcus Fernández

Unha das pantallas flexibles de Samsung na pasada edición do CES

Unha das eternas promesas de cara á unha mellora da experiencia de uso de dispositivos móbiles son as pantallas flexibles, e Samsung parece máis próximo a facela realidade con Youm, marca que define a unhas novas pantallas AMOLED que xa están en fase de solicitude de patente nos EE.UU. e que, en vez de empregar cristal como os paneis OLED estándar, optan por unha película flexible e irrompible. Poderían chegar ao mercado este mesmo ano (podendo incluso entrar en produción este mesmo trimestre).
As pantallas flexibles de Samsung xa se puideron ver en vivo na pasada edición do CES, e compañías como LG tamén están a realizar avances neste ámbito, polo que o vindeiro paso a agardar será o dos produtos que tiren proveito dalgún xeito á flexibilidade e resistencia das novas pantallas, abrindo unha porta á innovación.

PUBLICIDADE