Controlador para PS3 que incorpora mando a distancia e teclado QWERTY
luns, 23 de maio do 2011
A PlayStation 3 é
un dispositivo multifunción que tanto serve para ver pelÃculas en Blu-ray como para facer uso
de videoxogos en local ou a través da Rede, pero as súas interfaces de uso non
son tan flexibles, pois están optimizadas só para o xogo, de xeito que hai que
facerse con accesorios adicionais se queremos manexar de xeito cómodo outras
funcionalidades, e para exercer de navalla
suÃza Hyperkin achega o seu novo Remotext,
que presentarase oficialmente co gallo da feira E3 que terá lugar a primeiros
de xuño, e que mestura nun único trebello un teclado QWERTY completo e un mando
a distancia con funcións de reprodución de DVD e Blu-ray.
O Remotext permite asà chatear con
outros usuarios a través da PlayStation Network e utilizar a súa cruceta, os
seus dous mandos analóxicos e os seus botóns para empregar os xogos de PS3.
Este curioso dispositivo comunÃcase coa PlayStation 3 un receptor USB, e a súa chegada
ao mercado está prevista para o vindeiro verán.