Convocan na Coruña unha quedada de usuarios de Nintendo 3DS
luns, 12 de maio do 2025
A consola Nintendo 3DS, que chegou á nosa terra en marzo de 2011, incluÃa unha funcionalidade chamada StreetPass que permitÃa empregar a funcionalidade de Wi-Fi local para intecambiar datos entre sistemas 3DS, permitindo tal comunicación cando as consolas están en repouso.
A principal aplicación que tiraba proveito do StreetPass era a Plaza Mii, na que os xogadores podÃan configurar o seu Mii para que aparecese nas 3DS das persoas coas que se atopase a través de StreetPass, para poder participar en minixogos.
En abril de 2024 Nintendo pechou os servizos en liña deste servizo, pero como depende de comunicacións locais, o StreetPass segue operativo e, aÃnda que non é posible adquirir novos xogos nin contidos adicionais para a 3DS (xa que a súa tenda dixital pechou hai un par de anos), funciona cos xogos que teñamos descargado previamente.
Deste xeito, as funcións integradas na Plaza Mii e a posibilidade de intercambiar contidos en xogos como Animal Crossing: New Leaf, Fire Emblem Awakening ou Nintendogs + Cats seguen a estar operativas, pero para tirar proveito delas é preciso que os usuarios de 3DS se crucen en persoa, algo bastante complicado para unha consola que xa leva anos fóra do mercado.
Precisamente por iso hai comunidades de usuarios que acoden a convencións e outros eventos para cruzarse con outros xogadores que leven a súa 3DS suspendida, e outros usuarios máis ousados organizan convocatorias públicas, como foi o caso de Menawis, que vén de organizar un encontro fronte a Casa das Ciencias da Coruña, no Parque de Santa Margarida, o sábado 7 de xuño ás 17:00 baixo o lema «que volva o StreetPass».
Resulta difÃcil anticipar cantos usuarios activos da Nintendo 3DS quedan pola Coruña, pero esta cita será un bo momento para medir se segue habendo seareiros deste tipo de funcionalidade que, en vez de apostar polo xogo en liña, promove os desprazamentos fÃsicos e os encontros en persoa.