Copilot para OneNote comeza a comprender o texto manuscrito
venres, 12 de xullo do 2024
A integración da intelixencia artificial de Copilot é cada vez maior no software ofimático de Microsoft, e agora anuncia que na aplicación de notas, OneNote, están a espallar o asistente de IA ás notas manuscritas, de xeito que as anotacións que fagamos a man interpretaranse como texto para así poder preguntar sobre as mesmas ao asistente de IA e aplicarlle distintas funcións como converter o texto nunha listaxe, reescribilo ou resumilo.
Esta funcionalidade, que polo momento só está dispoñible para usuarios inscritos no programa de Insiders, permite, por exemplo, facer preguntas sobre anotacións feitas a man, pode converter nun texto a man nunha listaxe de tarefas pendentes por facer ou incluso pode aproveitarse para resumir anotacións para preparar unha xuntanza ou un exame.