Coremain volve achegar soporte tecnolóxico á campaña Acción Verán 2020
venres, 18 de xuño do 2021
A
Dirección
Xeral de Xuventude vén de renovar a súa confianza na firma
tecnolóxica Coremain para a asistencia técnica para a xestión dos
programas que comprenden a campaña Acción de Verán 2021,
centrada na oferta de prazas en campamentos estivais, campos de
voluntariado, programas de intercambios bilaterais con outras
Comunidades e campamentos Coñece Galicia para mozos entre 9 e 17
anos.
Durante
os meses de xullo, agosto e setembro que comprenden a campaña,
Coremain achegará medios técnicos e recursos humanos, así como a
súa bagaxe en sistemas de información que dan soporte á Dirección
Xeral de Xuventude para “garantir a correcta tramitación dos
expedientes de solicitude e a transparencia nos procesos de sorteo,
adxudicación de reservas e prazas ofertadas ante o cidadán”,
sinalou a empresa con sede principal no Polígono de Costa Vella, en
Santiago.
Este
ano e baixo a lema O verán que mereces a campaña de Acción
de Verán 2021 repartiu 7.830 prazas para rapazas e rapaces de entre
9 e 17 anos, 1.000 máis que na pasada edición. Ademais, incluíronse
185 vacantes para persoas con discapacidade de entre 11 e 41 anos e
outras 60 para menores baixo tutela. Coremain destaca que este ano
máis do 70% das 10.880 solicitudes recibidas foron telemáticas, o
que “redunda na optimización dos procesos e no alivio da carga de
traballo e a redución dos posíbeis erros inherentes á mecanización
manual por parte do persoal da Dirección Xeral”.