Coruña Bloggers volve cunha edición en liña sobre o coronavirus

venres, 20 de marzo do 2020 Marcus Fernández

O calendario de eventos tecnolóxicos presenciais pode considerarse conxelado até o verán, pero algúns destes encontros buscan na Rede un xeito de chegar ao público, como Coruña Bloggers, que tras varios meses sen celebrarse volve cunha edición en liña, que terá lugar este sábado ás 12:00 horas a través da páxina de Facebook do evento, axudando así aos entusiastas galegos ás redes sociais e a tecnoloxía en xeral a facer máis doada de levar a súa reclusión no fogar por mor da corentena polo COVID-19.
A edición 24 do Coruña Bloggers contará con Carlos Mateos e Eva Añón como relatores, quen falarán de temas relacionados co coronavirus, as falsidades e as redes sociais. Concretamente será Carlos Mateos, coordinador de #SaludSinBulos, quen dende Madrid falará dos díxomes máis destacados sobre o coronavirus e compartirá consellos para detectar este tipo de canfurnada; Eva Añón, pola súa banda, intervirá dende Mallorca para falar de redes sociais e o uso de WhatsApp con respecto ao coronavirus.

PUBLICIDADE