Crossy Road chega a Windows

martes, 5 de maio do 2015 Marcus Fernández

JPEG - 117 KB
Crossy Road pode agora xogarse dende ordenadores persoais

Tras ter un grande éxito en iOS, o xogo Crossy Road estreou versión para Android a primeiros de ano, e continuando a espallarse por distintas plataformas, este xogo inspirado no clásico Frogger, no que había que axudar a unha ra a cruzar a estrada e superar distintos obstáculos, sorpréndenos chegando a Windows Phone 8.1 como aplicación universal, de xeito que tamén podemos instalar o xogo en Windows 8.1 a través da tenda de aplicacións, de xeito que este título deseñado para dispositivos móbiles incluso podería gozarse en ordenadores de escritorio, o que permite un control máis áxil e preciso e incluso pode verse en formato horizontal (cando en dispositivos móbiles a disposición do xogo é vertical).
Crossy Road pode instalarse totalmente de balde, aínda que como outros xogos free-to-play conta con contidos de pagamento dentro da aplicación, para poder desbloquear contidos como os máis de 50 personaxes inspirado no pop art e no retro, xa que aínda que comecemos a nosa aventura de desprazamento vertical controlando unha pita, poderemos ir mudando de personaxe, que na meirande parte son distintos animais.
Estamos ante un xogo cunha estética moi atractiva, pero que destaca especialmente pola súa xogabilidade, que tanto permite botar partidas rápidas como longas sesións de xogo avanzando o máximo posible.

JPEG - 156 KB
Windows Phone 8.1 recibe finalmente o célebre Crossy Road

PUBLICIDADE