Crossy Road estrea versión para Android

xoves, 8 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Tras facerse moi popular na súa versión para iOS (superando os 10 millóns de descargas), chega hoxe a Android o xogo Crossy Road, que vén a ser un título claramente inspirado no clásico Frogger, co que conserva mecánica de xogo, aínda que enriquecida con elementos propios de videoxogos actuais, como acumular moedas cos nosos avances, poder adquirir elementos especiais durante o xogo, desbloquear a máis de 50 personaxes inspirados en arte pop e retro e contar cunha aparencia... elementos que podemos conseguir dedicándolle o noso tempo ao xogo ou realizando pagamentos con cartos reais, como é habitual nos xogos free-to-play.
Este xogo é moi sinxelo, xa que consiste en premer sobre a pantalla para que o noso personaxe (que comeza sendo unha galiña, pero que vai mudando a outros animais como un cabalo ou un can, evidenciando o noso progreso) vaia avanzando cara a parte superior da pantalla mentres esquiva o tráfico de estradas, sube en troncos que flotan sobre a auga ou evita a veloces trens, continuando un camiño sen fin, de xeito que tanto pode resultar divertido para unha partida rápida como para quedar enganchado durante horas. Un título moi aditivo que continúa sen dar resposta á incógnita de por que a pita cruzou a estrada.


Trailer de Crossy Road para Android

PUBLICIDADE