Curioso reloxo MP4 de Thanko
luns, 15 de decembro do 2008
Os usuarios que soñen con
levar enriba trebellos de espías
poden adquirir a nova cámara de Thanko que venden no Xapón por 14.800 iens
(121,36 euros) e que conta cunha pantalla de 1,8 polgadas cunha resolución de
160 x 128 píxeles na que se poden ver imaxes JPEG, visualizar textos ou
reproducir vídeos. Tamén pode reproducir música en MP3 e WMA, aínda que o máis
rechamante deste reloxo
MP4 é que inclúe unha cámara capaz de tomar instantáneas de 640 x
480 píxeles e gravar vídeo a 352 x 288 píxeles que se
almacenan na súa memoria interna de 4 Gb e que se poden transferir
ao PC mediante USB.
A estética deste reloxo é bastante mellorable, así como a súa utilidade
práctica (xa que esas funcións as mellora case calquera dos móbiles que se
venden na actualidade) pero resulta curioso que continúe o lanzamento destes
trebellos máis propios dun episodio da serie do Inspector Gadget.