Cut The Rope</Em> estrea secuela esta noite

mércores, 3 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Uns poucos xogos para iPhone conseguiron converterse en auténticos supervendas, como Doodle Jump, Fruit Ninja e Angry Birds, exclusivo club ao que tamén pertence Cut The Rope, considerado como o mellor xogo móbil do ano nos Premios BAFTA (recibindo tamén moitos outros galardóns no último ano) pola súa excelente xogabilidade, os seus gráficos coidados, as súas físicas precisas e o seu control intuitivo, que deixaba aos seus compradores desexando máis, polo que esta noite comezará a distribuírse polas App Store mundiais a súa secuela, Cut The Rope: Experiments.
Esta nova entrega da saga conservará o prezo de 0,79 euros para iPhone e 1,59 euros para iPad (o que garante unhas boas vendas) e ofrecerá 75 novos experimentos (niveis) aos que irán incorporándose máis. Tamén inclúe 3 paquetes de niveis, novas pistas musicais, sons e animacións e, en definitiva, unha prolongación da experiencia que ofrecía o xogo orixinal, do que xurdiron múltiples copias, deixando claro que estamos ante unha fórmula de éxito.

PUBLICIDADE