Cyberpunk 2077 inspira numeroso hardware para Xbox One

martes, 21 de abril do 2020 Marcus Fernández

A filtración de hardware de Xbox inspirado no xogo Cyberpunk 2077 confirmouse certa, de xeito que non só sabemos que vai saír á venda unha edición limitada da Xbox One X co xogo Cyberpunk 2077, senón que o mando sen fíos personalizado que incluirá esa consola non se fará agardar e xa está á venda por 69,99 euros, de xeito que os amantes da estética cyberpunk poden anticiparse ao lanzamento do xogo Cyberpunk 2077, que non verá a luz até o mes de setembro.
Pero estes non serán os únicos produtos para Xbox One que chegarán cunha estética inspirada en Cyberpunk 2077, senón que tamén porase á venda unha base de carga para mandos de Xbox One que vén de saír á venda en EE.UU. e Canadá, comercializaranse discos duros externos de Seagate con tamaños de 2 e 5 TB que tamén presentarán a estética inspirada no xogo, e que poranse á venda en xuño; e no mesmo mes van pór á venda tamén auriculares sen fíos Artics 1 cunha estética inspirada en Cyberpunk 2077 e con tecnoloxía de baixa latencia e micrófono con cancelación de ruído, que pode empregarse na Xbox One, en PC, en Nintendo Switch, en dispositivos Android e na futura Xbox Series X. Estes últimos auriculares teñen unha autonomía de até 20 horas, un alcance de até 9 metros e un prezo recomendado de 129,99 euros.

Os novos auriculares para Xbox One teñen micrófono con cancelación de ruído e conexión de baixa latencia

Vídeo promocional da Xbox One X inspirada en Cyberpunk 2077

Os auriculares inspirados en Cyberpunk 2077 tamén funcionan en dispositivos con Android

PUBLICIDADE