Cyberpunk 2077 terá versión para consolas de nova xeración en poucos meses
luns, 29 de novembro do 2021
CD Projekt Red, o estudio polaco detrás do polémico Cyberpunk
2077, vén
de presentar os seus resultados trimestrais, aproveitando a ocasión para
dar detalles sobre as súas planificación para os vindeiros meses, que agradecen
os que aÃnda teñan confianza depositada na compañÃa e os seus traballos en
curso.
Lembremos que CD Projekt Red adiou a planificación prevista para Cyberpunk
2077, para centrarse en corrixir os seus problemas técnicos antes de
incorporar novas funcionalidades, e finalmente sabemos que no primeiro
trimestre de 2022 o xogo contará con versións para consolas de nova xeración,
que actualmente poden gozar do xogo grazas á retrocompatibilidade, e que en
poucos meses contarán cunha versión
mellorada que os actuais usuarios recibirán sen custo adicional.
Cómpre asÃ
lembrar que os interesados en facerse co xogo para PS5 ou Xbox Series X|S teñen
agora interesantes ofertas para mercar as versións de PlayStation 4
e Xbox
One. Temos asà que aÃnda que Cyberpunk 2077 foi un dos lanzamentos
máis catastróficos da industria dos videoxogos, economicamente segue a ser un
produto que funciona moi ben, e incluso está a gozar de grandes vendas estes
dÃas (impulsado principalmente polos descontos propios destas datas).
Coa vista posta na nova xeración CD Projekt Red tamén confirmou que teñen
previsto lanzar no segundo trimestre de 2022 unha versión de The Witcher III:
Wild Hunt para consolas de nova xeración, que incluirá melloras visuais,
todas as expansións do xogo e contidos adicionais inspirados na serie de
Netflix inspirada na mesma saga de libros que o xogo.