DJI presenta un altofalante e un foco para os seus drons profesionais
mércores, 16 de abril do 2025
O fabricante chinés DJI está a presentar novos accesorios para os seus drons profesionais, pensados especialmente para escenarios como a seguridade público ou os rescates de emerxencia, xa que consisten nun altofalante e un foco.
O Zenmuse V1 é o primeiro altofalante de DJI deseñado para plataformas dron con múltiples instrumentos, compatible con Matrice 350 RTK e Matrice 300 RTK. Permite a gravación e transmisión de mensaxes para emitilos polo altofalante, sendo tamén posible que as mensaxes se creen mediante a conversión de texto a voz ou se carguen como ficheiros de audio, sendo posible incluso que as mensaxes se repitan en bucle, chegando asà ao seu público obxectivo.
O altofalante pode chegar a un volume de até 127 dB a 1 metro de distancia (comparable ao nivel de son da engalaxe dun avión, e permite transmisións efectivas até 500 metros de distancia. Pode montarse en calquera conector do estabilizador inferior único e ten un peso de 0,69 quilogramos, asà como un deseño bastante compacto. O seu prezo oficial é de 950 euros.
Na mesma liña estarÃa o Zenmuse S1, o primeiro foco de DJI deseñado para plataformas dron con múltiples instrumentos, compatible con Matrice 350 RTK e Matrice 300 RTK, que emprega tecnoloxÃa LEP para ofrecer un elevado brillo e unha grande distancia de iluminación. Pode resultar práctico tanto para rescates de emerxencia, como para inspeccións e outras operacións nocturnas.
O foco proporciona un campo de visión de 15 graos a unha distancia de 150 metros, podendo concentrarse até un cambio de visión de 4 graos se queremos iluminar a distancias de até 300 metros (co que se consegue unha maior eficiencia en operacións de rescate). Tamén pode funcionar nun modo de dobre feixe de luz, co que consegue iluminar até a 500 metros de distancia. O foco tamén conta coa posibilidade de realizar un efecto estroboscópico de alta frecuencia para chamar a atención dun xeito efectivo. Este produto terá un prezo oficial de 1.300 euros.
VÃdeo promocional dos novos accesorios de DJI