DOOM 3 porase ao alcance das consolas de alta definición

xoves, 31 de maio do 2012 Marcus Fernández

Ultimamente estamos a recibir unha auténtica vaga de adaptacións de vellos xogos á alta definición, para que os usuarios que conten cunha consola de videoxogos actual poidan gozar de numerosos títulos da anterior xeración, á vez que se revitalizan sagas (de cara a futuras secuelas) e se consegue un retorno económico notable (pois o investimento dunha remasterización é bastante reducido), e nesta liña temos a Bethesda anunciando que este mesmo ano teremos DOOM 3 BFG Edition, unha colección que inclúe os xogos DOOM, DOOM 2 e DOOM 3: Resurrection of Evil xunto co Lost Mission (paquete con 7 niveis adicionais), todo adaptado ao nivel gráfico da Xbox 360 e a PlayStation 3 (contando tamén coa tradicional versión para PC, plataforma na que naceu a saga).
Aínda que o xogo realmente coidado do paquete é DOOM 3, incluír as anteriores entregas é un agasallo que agradecerán os máis fieis á saga. Cómpre destacar que desta volta DOOM 3 será compatible con televisores 3D e tamén contará con son 5.1, polo que a experiencia será máis inmersiva que nunca.


Trailer de DOOM 3 BFG Edition

PUBLICIDADE