DOOM celebrará a súa beta aberta esta semana

luns, 11 de abril do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro 13 de maio sairá á venda para Xbox One, PlayStation 4 e PC o xogo DOOM, o retorno de todo un clásico dos shooters en primeira persoa que entre os días 15 e 17 celebrará a súa beta aberta con dous mapas (Vaga de calor e Infernal), dous modos de xogo (Partida a morte por equipos e Sendeiro de guerra), un demo xogable e nove armas, amais de armaduras, burlas e módulos de pirateo inéditos.
Para poder gozar da beta aberta hai que ser maior de 18 anos, estando dispoñible nas tendas en liña das consolas de videoxogos e, no caso do PC, en Steam, recomendándose neste último caso contar cun ordenador que como mínimo teña un procesador Intel Core i5-2400, 8 GB de RAM e gráfica nVIDIA GeForce GTX 670 con 2 GB de memoria, para poder xogar a 720p, mentres que para gozar do xogo en Full HD habería que ter unha gráfica nVIDIA GeForce GTX 970 con 4 GB de memoria.

Vídeo promocional da beta aberta do novo DOOM

PUBLICIDADE